ConcellosÚltima hora

Un coche choca contra un poste do alumeado público en Montederramo

Como resultado do accidente resultaban feridas con carácter leve dúas persoas
Imaxe do lugar do accidente.

Ás 15:30h. deste martes 12 de marzo producíase un accidente de tráfico no punto quilométrico 35,100 da estrada OU-536, ao seu paso polo termo municipal de Mondeterramo. Un turismo saíase da vía pola marxe dereita e posteriormente chocaba contra un poste de formigón do alumeado público.

Como consecuencia do sinistro resultaban feridas con carácter leve dúas persoas. Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato a Garda Civil de Castro Caldelas, Protección Civil e o 061. Ademais procedíase a regular o tráfico por un paso alternativo ata a retirada do poste da estrada. No operativo tamén interviña o destacamento de Tráfico do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button