En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un coche comeza a arder subitamente e acaba estoupando no Barco

A condutora detiña a marcha e saía do vehículo xusto antes de que se producise nel unha explosión, xunto á piscina climatizada na vila

Mentres circulaba xunto á piscina climatizada do Barco, un vehículo conducido por unha barquense comezaba a arder de repente. Pasaban as nove e media desta mañá de 16 de novembro e súa condutora detiña a marcha e saía do coche que era de gasolina. Pouco despois tiña lugar una pequena explosión, sen que houbese que lamentar danos persoais. Ata o lugar trasladábanse de inmediato o GES Valdeorras para sofocar as chamas e, seguidamente, os Bombeiros do Parque de Valdeorras.

Tamén se desprazaba ata o lugar do suceso a Garda Civil e a Policía Local, que regulaban o tráfico de vehículos por esa zona barquense. A estas horas nesta rúa xa se circula con total normalidade pola zona.

Artigos relacionados

Back to top button