OurenseÚltima hora

Un coche con dúas ocupantes cae a un parque da Valenzá (Barbadás)

 

Rozando as nove da mañá deste 22 de setembro producíase un accidente de tráfico en Barbadás. Un turismo, con dúas ocupantes no seu interior, precipitábase dende a avenida de Celanova, ao carón do viaducto da A-52, ata o parque da Liberdade na Valenzá, segundo informa o Concello de Barbadás. No seu interior ían dúas persoas, nai e filla, de 47 e 6 anos de idade.

Malia o impacto ambas saían do vehículo “sen a necesidade dos medios de excarceración e o seu estado de saúde é bo, aínda que serán sometidas a un recoñecemento médico”, segundo informaba o 112 Galicia.

Dnde o Concello de Barbadás indícase que no operativo actuaban a Policía Local de Barbadás, o servizo municipal de emerxencias e Protección Civil de Barbadás e o GES Pereiro “que se encargan de evita-lo risco de incendio, estabilizar o vehículo, balizamento e saneamento de estruturas afectadas e limpeza de verquidos”. Tamén interviñan os profesionais do urxencias sanitarias do 061 que evacuaban as ocupantes do coche.

Dende o 112 Galicia tamén foron avisados os Bombeiros de San Cibrao das Viñas e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close