ConcellosÚltima hora

Un coche precipítase ao cauce do río Mariñán no Barco

O suceso tiña lugar fronte ao campo de fútbol de Calabagueiros

A primeira hora desta tarde de 12 de setembro un turismo saíase da estrada na zona barquense de Calabagueiros (no cruce entre as rúas As Areas e Río Mariñán), xunto ao campo de fútbol, e caía no cauce do río Mariñán que neste momento do ano non leva auga.

O vehículo era retirado pasadas as seis da tarde coa axuda dunha grúa. Tan só houbo que lamentar danos materiais. Entre tanto no lugar a Policía Local do Barco regulaba o tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button