CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Un concerto de Guadi Galego abrirá os actos das Letras Galegas en Viana

O alcalde de Viana e a concelleira de Cultura, na presentación dos actos das Letras Galegas./ Foto cedida.

Música, teatro, lecturas, concursos e ata xogos. O Concello de Viana do Bolo vén de presentar a programación das Letras Galegas neste municipio nun acto que tiña lugar na mañá do 27 de abril coa asistencia do alcalde, Secundino Fernández, e da concelleira de Cultura, Graciela Diéguez.

O programa encetarase o 5 de maio ás 20:30h. cun concerto (con entrada de balde) de Guadi Galego na Casa da Cultura. Unha semana despois, o 12 de maio ás 18h., nese mesmo lugar os máis pequenos e tamén os adultos poderán gozar co contacontos “O Souto dos Prodixios”. E xa o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a praza Maior de Viana será escenario a partir das 17h. dunha lectura pública da obra da autora homenaxeada este ano, María Victoria Moreno. Ademais farase entrega dos premios do concurso de microrrelatos (orientado ao alumnado de primaria) e haberá xogos populares.

Ao día seguinte, 18 de maio, porase en escena a obra teatral “Leonardo e os fontaneiros” ás 12:30h. na Casa da Cultura. Este programa, promovido polo Concello de Viana do Bolo, completarase con música. Para o venres 18 de maio ás 20h. está previsto un Festival das Letras da Asociación Cultural Candea na Casa da Cultura e o sábado 26 de maio actuará, nese mesmo escenario terá lugar o II Concerto das Letras Galegas do Orfeón Vianés. Será ás 20h.

Carteis de diversas actividades do programa.

Artigos relacionados

Back to top button