CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Un concerto de Guadi Galego, entre os actos da Festa da Bica de Trives

A artista galega actuará na vila o 30 de xullo ás 22h. na praza do Reloxo

 

 

O Concello da Pobra de Trives continúa desvelando detalles da celebración da Festa da Bica, nunha edición moi especial, xa que será a primeira na que estree a súa recente declaración como festa de interese turístico galego.

Así, entre as propostas do programa figura un concerto da artista Guadi Galego, que actuará en Trives o día 30 de xullo ás 22h. “Contaremos cun amplo programa que comprende dende desfiles de bandas de gaitas, xogos populares, degustación da bica de Trives, unha andaina e a nosa senlleira romería á que asistirán todos os obradores da bica da vila. O pregón das festas serà dado este ano por un deses obradores que desvelaremos próximamente.  Tamén haberá lugar para unha homenaxe moi especial.  E moitas máis sorpresas”, adiantan dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button