CulturaCulturaÚltima hora

Un concerto de Mercedes Peón, entre os actos das Letras Galegas en Viana

O Concello vén de presentar un variado programa de actividades que comezará o 4 de maio e que se estenderá ao longo deste mes
Acto de presentación do programa das Letras Galegas en Viana do Bolo./ Foto cedida.

Conferencias, teatro, monicreques, diversos concertos… Cun programa moi variado celebrará Viana do Bolo as Letras Galegas 2019 ao longo do mes de maio. Presentábao no mediodía do 30 de abril nun acto que contaba coa presenza do seu alcalde, Secundino Fernández, da concelleira de Cultura, Graciela Diéguez, así como de Pilar Pérez e Mercedes Páez, representantes do Orfeón Vianés.

O primeiro dos actos terá lugar xa esta vindeira fin de semana. Ás 20h. na Casa da Cultura terá lugar unha conferencia do investigador social vianés, Carlos Xabier Ares Pérez, recente Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Neste acto estará acompañado pola música e os cantos de Os Escaravellos.

O programa continuará o 10 de maio cun concerto da Asociación Cultural Candea, o día 12 co espectáculo “Contos da Galiza Máxica: homenaxe a Antón Fraguas”, o 17 de maio coa entrega de premios do “Concurso de Relatos Curtos” pola tarde na praza Maior, cun concerto de Mercedes Peón o día 18 de maio na Casa da Cultura e co concerto das Letras Galegas do Orfeón Vianés o 25 de maio.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button