EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un concurso decidirá o cartaz da XI Feira do Viño Monterrei

O CRDO Monterrei vén de convocar un certame para escoller a imaxe promocional deste evento que se celebrará en agosto en Verín
Viño da D.O. Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.
Viño da D.O. Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por primeira vez o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de convocar un concurso para escoller ao cartaz anunciador da XI Feira do Viño Monterrei, que se desenvolverá do 12 ao 14 de agosto en Verín.

“Este concurso está aberto a deseñadores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas. O formato único será de 43 x 63 cm (en posición vertical), e a obra poderá realizarse con calquera técnica pictórica, informática e fotográfica”, tal e como se indica dende a organización.

As bases establecen un único premio de 600 euros para o traballo ganador, que será seleccionado por un xurado conformado por persoas relacionadas co mundo da arte e do deseño, así como pola presidenta consello regulador ou por membros del pleno nos que delegue e polo alcalde de Verín e/ou persoas nas que delegue.

Os cartaces participantes no concurso deberán enviarse en “soporte informático en arquivo .jpg ou .png en alta resolución (mínimo 300 ppp), ao enderezo mail info@domonterrei.com ou poderán entregarse na sede do C.R.D.O. Monterrei (Avda Luis Espada, 73 Baixo. Verín)”. A data límite de recepción finaliza ás 14 horas do día 29 de xuño de 2016.

Artigos relacionados

Back to top button