ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un condutor falecido e outro ferido grave tras un choque na A-75 en Verín

O grave accidente tiña lugar ás tres de madrugada do sábado ao domingo 12 de xuño na A-75 en Verín

Unha colisión frontal entre dous vehículos producíase ás tres da madrugada do sábado ao domingo 12 de xuño na A-75 ao seu paso polo termo municipal de Verín. Como consecuencia do accidente, que tiña lugar no punto quilómetro 7,750, resultaban feridos graves os condutores dos dous vehículos implicados.

Ambos eran trasladados ao Hospital de Verín, sen embargo, un deles, veciño de Verín de 47 anos, falecía ás cinco da madrugada, segundo o comunicado feito público dende a Garda Civil. O outro ferido é veciño de Chaves (Portugal).

Artigos relacionados

Back to top button