ConcellosÚltima hora

Un condutor portugués fuxe da Guardia Civil, á altura da raia, e foi detido tras saírse da vía en Chaves

O detido provocou a saída de vía á altura da localiade lusa de Vila Seca e deu un resultado de 0,54 mg/l  no control de alcolemia
O coche do portugués perseguido tras a saída de vía en Vila Seca (Chaves).

Unha persecución entre a Guardia Civil de Tráfico de Verín e un condutor luso que conducía baixo os efectos do alcol pola N-532 (Verín-fronteira portuguesa) rematou coa saída de vía do mesmo e a súa detención por parte das autoridades lusas.

O suceso produciuse cara ás 23:35 hora española, cando unha patrulla de Tráfico do destacamento de Verín estaba estacionada no punto kilométrico 12 da N-532, no termo municipal de Feces. Ambos axentes observaron que o condutor dun turismo, Opel Corsa de color vermello e que responde ao nome José A. F.D.C nado o 12/01/1999, conducía dun xeito “errático”, polo que os axentes de Tráfico procederon a darlle o alto. Fontes do instituto armado sinalan que o alto foi dado “fóra do coche patrulla a pé firme”.

O condutor desobedeceu os sinais da autoridade e aumentou “subitamente a velocidade do vehículo e dirixiu a súa traxectoria aos axentes, tendo estes que saltar ao beiravía para evitar o atropelo”, comunicaron.

Neste contexto, a patrulla de Tráfico iniciou a persecución do vehículo fugado, que entrou en Portugal. Tras circular máis de dous kilómetros pola estrada do país veciño, contan dende Tráfico, a súa fuxida finalizou tras saírse da vía á altura da localidade de Vila Seca – Chaves, lugar onde reside o condutor.

Tanto a entrada en Portugal como o feito do sinistro, foi comunicado ás autoridades portuguesas que enviaron a unha patrulla da GNR- Trânsito que se fixo cargo da detención e das correspondentes dilixencias e á detención do condutor xa que carecía de “carta de conduçao” e rexistrou unha taxa de 0,54 miligramos de alcol por cada litro de aire aspirado.

Artigos relacionados

Back to top button