OurenseÚltima hora

Un constructor ourensán planea secuestrar á muller e o fillo do seu exsocio e vai á cadea

O golpe foi perpetrado grazas a que unha das persoas que contratou para levalo a cabo denunciouno na Comisaría de Vilagarcía de Arousa
O detido foi posto a disposición xudicial onte e ordenouse o seu ingreso en prisión.

A Policía Nacional Detivo en Ourense a un home “por artellar un secuestro na cidade”. Segundo explican fontes da xefatura de Policía da Coruña, o feito foi frustrado polo arrepentemento dunah das persoas contratadas para levar a cabo o rapto, “cando a operación estaba en proceso avanzado de execución”. O detido é un home de 52 anos, natural de Ourense, e foi posto a disposición xudicial no día de onte, decretándose o seu ingreso en prisión.

Todos os feitos que motivaron á Policía Nacional a iniciar a investigación deron comezo o 7 de febreiro cando, na Comisaría de Vilagarcía de Arousa, unha muller denuncia que unha persoa contactara con ela e lle propuxera levar a cabo un secuestro en Ourense ofrecéndolle a cantidade de 10.000 euros. Segundo comentou a denunciante, o detido adelantoulle 1.000 euros como anticipo. Na denuncia, indicou que o plan “era reter á muller e ao fillo dun avogado ourensán até que éste pagase unha tantidade de 50.000 euros”, sinalaron fontes policiais.

A partir desta denuncia, as Comisarías de Ourense e Vilagarcía de Arousa elaboraron un dispositivo para elaborar a investigación. Esta operación levou consigo á elaboración dun operativo conxunto “co obxectivo de comprobar os feitos denunciados e, no caso de seres certos, desmantelar a trama criminal plantexada e detendo aos responsables da mesa, outorgándolle tanto ao denunciante como á súa parella a condición de testemuña protexida”, explicaron.

Finalmente comprobouse que, efectivamente, estaba en fase de execución o plan para realizar o secuestro en Ourense, e que a vítima era un coñecido avogado da cidade. Segundo fontes da investigación, o plan establecido era que a denunciante e o seu marido se trasladasen á cidade das Burgas, onde deberían localizar e reter á mullere e o fillo da vítima, “utilizando como arma intimidatoria unha xeringa para, con posterioridade, esixir os cartos ao pai”, explicaron. As mesmas fontes aseguran que o organizador do plan “tiña coñecemento de que a vítima posuía en metálico os 50.000 euros e que os gardaba nunha caixa de seguridade na súa vivenda”.

Segundo constataron dende a Policía Nacional, a vítima e o detido foran socios nunha promoción inmobiliaria de Ourense, a cal resultara un fracaso. Dende ese momento, o organizador do secuestro “responsabilizou ao abogado”. Por outra banda, xa no 2013, sinalaron os axentes, o autor dos feitos fora detido por ameazas e tentativa de extorsión ao seu antigo socio, do que tiña dende entón unha orde de alonxamento.

 

Artigos relacionados

Back to top button