CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Un conto a partir de obras en galego para homenaxear á comunidade educativa do IES Martaguisela co gallo do Día do Libro

A iniciativa audiovisual parte dos departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística do instituto barquense en pleno confinamento

 

Nesta situación tan excepcional e difícil que está vivindo a sociedade, en plena crise sanitaria, dende os departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística do IES Martaguisela do Barco, quixeron rendir unha pequena homenaxe á toda a comunidade educativa e moi especialmente a aquelas familias que peor o están pasando (non todo o mundo ten acceso a Internet, nin sequera ordenador).

E fixérono coincidindo co Día do Libro, 23 de abril, e en forma de conto. “A xente estao pasando realmente mal polo que queriamos era transmitir unha mensaxe positiva aproveitando o que temos na casa”, explica a titora de 2º da ESO Ana Fernéndez, a quen se lle ocorreu crear un conto, un soño, a partir d en galego, que tivera un final feliz, algo que, dada a situacion non lle resultou doado, pero despois de varias probas conseguiuno.

Finalmente, con este vídeo dispoñible no portal virtual do instituto, na páxina principal da web e tamén no blog “Ler é ser”, lograron un triple obxectivo: achegarse en galego á mocidade maioritariamente castelano falante, homenaxear sobre todo aos alumnos tranmitíndolles esa mensaxe positiva, e fomentar a lectura en lingua galega, suxerindo unha serie de títulos moi coñecidos pero igual non moi lidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button