ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un corzo, de paseo polo casco urbano do Barco

A redución do tráfico e tamén a escasa circulación de persoas polas rúas debido ao estado de alarma está a contribuír a que animais que antes sería impensable ver nunha vila como O Barco, paseen tranquilamente polo seu casco urbano.

É o caso deste corzo que vén de ser fotografado no aparcamento situado nas proximidades do colexio barquense Divina Pastora e despois nunha das rúas da vila. Sen dúbida, unha imaxe insólita ata agora.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button