EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un crianza valdeorrés de garnacha, mellor viño español do Frankfurt International Trophy

Trátase do Lagar do Cigur Crianza 2013 da adega ruesa Melillas e Fillos

Botella do viño premiado.

 

O Lagar do Cigur Crianza 2013 da adega ruesa Melillas e Fillos como o “Mellor Viño Español” do pretixioso certame Frankfurt International Trophy. Das máis de 2.000 referencias de 40 países que participaron nesta edición, só catorce recibiron o máximo galardón que otorga o xurado, o “Gran Ouro”. Delas, unicamente dúas eran españolas: este monovarietal de garnacha tintoreira valdeorrés e un xeneroso de Rueda, segundo se destaca dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Ademais do Lagar do Cigur Crianza 2013, tamén foi premiado no certame alemán outro viño do noso Consello Regulador. O Bioca Godello 2019 da adega María Teresa Núñez Vega recibiu unha “Medalla de Ouro”.

Para seleccionar aos galardonados, un xurado internacional catou a cegas cada viño utilizando unha táboa de evaluación que se basa nos criterios de análise sensorial da OIV (Organización Internacional da Viña e do Viño), tal e como explica o CRDO Valdeorras.

Para garantizarlles aos compradores unha selección óptima, o concurso só otorga medallas a un tercio das mostras presentadas. O presidente de honra do evento en 2020 foi Nils Henkel, o chef do restaurante Schwarzenstein, Geisenheim-Johannisberg (dúas Estrellas Michelin).

Artigos relacionados

Back to top button