EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un curso-cata permitirá descubrir os viños singulares de Valdeorras

Terá lugar o 11 de xaneiro e será impartido polo director técnico do Consello Regulador desta D.O., Jorge Mazaira

Imaxe dunha cata realizada anteriormente pola Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Co fin de promover o coñecemento dos viños das diferentes adegas que forman parte da Ruta do Viño de Valdeorras, esta entidade organizará o vindeiro 11 de xaneiro un “Curso Cata de Viños singulares de Valdeorras” . Terá unha duración de 6 horas e desenvolverase en xornada partida, de mañá (11’00 a 14’00) e tarde (18’00-21’00) no Hotel A Calzada en Arcos (Vilamartín).

“O obxectivo deste curso é coñecer os viños que por a súa cima de produción, o enclave do viñedo ou o seu método de elaboración intentan preservar unas características que os diferenzan lixeiramente do resto”, aseguran dende a Ruta do Viño de Valdeorras.

As persoas que asistan a esta formación poderán coñecer os diversos microclimas de Valdeorras, os diferentes tipos de chan, as variedades que compoñen a denominación, o que se entende por concepto de singular nos viños. Ademais realizase unha cata de todos aqueles viños que están considerados singulares dentro da D.O.

O curso, que será impartido polo director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira; ten un custo de 20€ por persoa. Para poder participar é necesario reservar a través do número 604 07 87 53, ou enviando un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button