Galerías de fotosÚltima hora

Un curso de defensa persoal moi solidario, en Trives

Unhas quince persoas asistían ás clases que impartía Javier Diéguez a finais de agosto no edificio Santa Leonor

Nun horario de 10h a 14h., Javier Diéguez impartía un novo curso de defensa persoal en Trives os días 22 e 23 de agosto. As clases tiñan lugar no edificio Santa Leonor e a elas acudían unhas quince persoas que aprendían varias técnicas e movementos sinxelos de executar desta disciplina.

Ademais da parte formativa, esta actividade tamén contaba cunha vertente solidaria xa que cada asistente fixo unha doazón dun xoguete coa inscrición “coa finalidade de regalar sorrisos e momentos únicos aos pequenos que máis o necesitan grazas a esta recollida”, destacan dende o Concello de Trives, organizador do curso.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button