ConcellosÚltima hora

Un curso para descubrir o mundo da cata de aceite en Quiroga

Esta actividade formativa, titulada "Introdución á análise organoléptica do aceite", impartirase en febreiro e en marzo

Imaxe dunha cata de aceite./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Serán ata 25 horas de formación centrada na cata de aceites. O Concello de Quiroga, ten programado para os meses de febreiro e marzo o curso “Introdución á análise organoléptica do aceite”, cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do Programa O teu Xacobeo.

O contido do curso ten por obxectivo introducir aos asistentes na práctica da análise sensorial dos aceites como ferramenta de descrición obxectiva do produto. Impartirase na Sala de Catas do Museo Etnográfico os días 18,19 e 20 de febreiro e 3,4,5,10,11 e 12 de marzo . O horario será de 18:30 h a 21:30 h, cun total de 25 horas.

“Con estas xornadas formativas, gratuítas para os participantes, o Concello de Quiroga quere contribuír á promoción dos produtos da zona así como e apoiar os sectores económicos que se asentan neles”, segundo se informa dende esta administración.

Os encargados de impartir o curso serán o biólogo e membro de AMIAQUIGAL, José Espinosa Sánchez e a enxeñeira técnica agrícola, Montserrat Liceras Pascual. Os interesados en participar poden informarse e inscribirse na Casa da Cultura e dado que son prazas limitadas deben facelo canto antes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button