CulturaCulturaÚltima hora

“Un desastre de función” de Gargallada Teatro, no XII Festival Entreculturas en Verín

Unha das escenas da obra./ Foto: Gargallada Teatro.

 

Sobre o escenario do Auditorio de Verín representábase na pasada fin de semana a obra “Un desastre de función” da compañía valdeorresa Gargallada Teatro. Era unha das funcións incluídas no programa do XII Festival de Teatro Entreculturas de Verín, organizado por La Caja de Pandora, que se vén desenvolvendo dende o 24 de abril.

 

Final da representación de Gargallada no Festival de Teatro Entreculturas de Verín./ Foto: La Caja de Pandora.

 

Así, o sábado 30 de abril a partir das 20:30h. volvía cobrar vida a nova comedia de Gargallada, baseada nun clásico da novela inglesa. A peza está dirixida por César Martínez “Goldi” e Manuel Caramés, e interpretada por un elenco formado por Reyes Limia, Aurora Fernández, Carmen Hernández, Álvaro Baños, Manuel González, Manuel Caramés e Paco Campos.

 

Artigos relacionados

Back to top button