Este mediodía producíase un desprendemento na estrada autonómica LU-651, entre Santa Eufemia e Folgoso do Courel “no que, afortunadamente, non houbo ningunha persoa afectada, non hai que lamentar danos persoais”, segundo informaban o Concello de Folgoso do Courel e a Xunta.
Como consecuencia do suceso, que se producía no punto quilométrico 18.300, procedíase ao corte da estrada, que arestora está debidamente sinalizado. Dende a administración galega tamén se indica que “nos próximos días informaremos do alcance da actuación necesaria para poder restablecer a normalidade”.
Dende o Concello de Folgoso do Courel “pídeselles aos condutores que eviten transitar por esta vía e empreguen estradas secundarias, como a de Vidallón”. Tamén se sinalaba que “o Concello de Folgoso do Courel está en contacto coa Xunta desde que se coñeceu o suceso, titular da estrada, e traslada a súa colaboración naquelo que precise”.
Fotos cedidas.