En portadaÚltima hora

Un Día de Todos os Santos sen cultos no cemiterio do Barco de Valdeorras

Segundo as últimas indicacións do Bispado de Astorga, a misa do 1 de novembro celebrarase no interior da igrexa, neste caso de Santa Rita, mantendo o aforo ao 50%

Entrada do Cemiterio Municipal do Barco o Día de Todos os Santos do ano pasado./ Foto: A.R.

 

Aínda faltan máis de dúas semanas para o Día de Todos os Santos pero en vilas como O Barco de Valdeorras, a poboación xa se está preguntando se poderán ir ao cemiterio o vindeiro 1 de novembro, debido á actual situación sanitaria, especialmente delicada neste municipio valdeorrés.

A ese respecto, o párroco Tomás Rodríguez Carbajo explica que segundo as últimas indicacións recibidas do Bispado de Astorga, no Cemiterio Municipal non haberá ningún culto “nin misa, nin rosario, nin responso”, trasladándose a celebración da eucaristía de Todos os Santos ao interior da igrexa de Santa Rita. É neste templo onde se están celebrando os cultos dende o inicio da pandemia (San Mauro é máis pequeno), mantendo a redución do aforo ao 50% (unhas 120 persoas) e as medidas de hixiene anticovid.

 

Misa en Santa Rita co aforo reducido. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O horario das misas, tal como adianta o párroco, será ás 12:30 e ás 19h. “o mesmo das celebracións que estamos tendo os domingos”, di, asegurando que estas medidas son a día de hoxe, xoves 15 de outubro, porque todas as decisións están supeditadas á evolución da pandemia.

Artigos relacionados

Back to top button