CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Un documental realizado por alumnos e profesores dos IES Lauro Olmo e Cosme López afonda no legado romano de Valdeorras

“Na procura do noso pasado romano” presentarase o vindeiro 20 de xuño ás 20h. no Centro Cultural Avenida da Rúa

 

Ao longo deste curso os alumnos do IES Lauro Olmo do Barco e do IES Cosme López da Rúa veñen traballando, a través dos seus departamentos de Latín, en diversas iniciativas conxuntas para recuperar e poñen en valor o legado romano da comarca. Froito dese traballo xurdiu un documental que leva por título “Valdeorras. Na procura do noso pasado romano”.

Neste filme achéganse aos diversos restos romanos descubertos na comarca e tamén ao labor realizado neste senso polo grupo arqueolóxico de Os Escarbadores, que funcionou hai máis de medio século en Valdeorras.

O vindeiro 20 de xuño alumnado e profesorado compartirán este traballo audiovisual coa sociedade valdeorresa xa que o documental estrearase ás 20h. do 20 de xuño no Centro Cultural Avenida da Rúa.

Presentación dun poemario no IES Lauro Olmo do Barco

Uns días antes da estrea do documental, o 18 de xuño ás dez e media, a biblioteca do IES Lauro Olmo do Barco acollerá a presentación do libro “O que colle nun poema”. Trátase dunha “Antoloxía de poesía galega contemporanea, de creación propia e algúns de terras lonxanas, feita por alumnado de 4º da ESO. O equipo de profesores e o alumnado participante farán unha presentación do resultado do proxecto”, tal e como se informa dende o centro.

 

Libro que se presentará no instituto./ Foto: IES Lauro Olmo.

Artigos relacionados

Back to top button