EconomíaEconomíaÚltima hora

Un dos mellores pans de Galicia, segundo a revista “Pan de Calidad”, elabórase no Barco

Gustavo Regalado é un dos finalistas de "La Miga de Oro" dentro do concurso nacional "Ruta Española del Buen Pan"

Gustavo Regalado co certificado de finalista de “La Miga de Oro”. /Foto cedida.

 

Elaborado exclusivamente con fariña de trigo común ou con farina de trigo común e centeo (entre un 5 e un 10% como máximo), tipo fogaza e de entre 800 e 900 gr unha vez cocido. Así teñen que ser segundo as bases, os pans que participen no concurso nacional “La Ruta Española de Buen Pan”, organizado pola plataforma dixital Panatics da revista especializada Pan de Calidad, na procura dos 80 mellores de España.

O certame celébrase por comunidades autónomas e na edición galega “La Miga de Oro de Galicia” un dos mellores pans é o realizado por Gustavo Regalado Losada, á fronte da Tahona Regalado (rúa Marcelino Suárez do Barco de Valdeorras). Así o decidía o xurado presente nas instalacións de Aprofar (Asociación Provincial de Forneiros Artesáns) na Coruña na mañá do 7 de setembro, data na que foi seleccionado como un dos finalistas galegos.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/a-tahona-regalado-do-barco-finalista-galega-do-concurso-la-ruta-espanola-del-buen-pan/

Artigos relacionados

Back to top button