Galerías de fotosÚltima hora

Un dragón busca princesa entre contos e botes de pintura, na Biblioteca de Verín

No marco da programación de actividades de dinamización e fomento da lectura que forman parte habitual da programación da Biblioteca Municipal de Verín, tiña lugar na tarde do vernes 17 de marzo o contacontos e manualidades “Un dragón na busca de princesa”.

Esta actividade, destinada a nenos con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, era compartida entre nenos, pais e nais. Consistía na realización de contacontos de animais e dunha manualidade, con materiais reciclados. Esta proposta ten sido coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button