En portadaÚltima hora

Un encontro analiza en Viana o despoboamento e envellecemento do rural galego

A Casa do Concello acollía a xornada “A Galicia baleira: retos e respostas”

 

Cunha mesa de diágnose sobre a problemática demográfica, o seu marco histórico e o papel das mulleres principaba na mañá deste venres 27 de setembro a xornada “A Galicia baleira: retos e respostas”, no salón de actos do Concello en Viana do Bolo. Nesta mesa participaban os profesores Edelmiro López Iglesias; Alba Díaz Geada  e Eduardo Corbelle.

Despois facíase unha paréntese para visitar a orixinal mostra de traxes “Douche a Galbana”, na sala de exposicións do Concello de Viana, da man do alcalde deste municipio, Secundino Fernández, e da autora da mesma, a gandeira, poetisa e artista Nieves Fernández, quen tamen recibaba versos seus.

O programa continuaba coa “Alternativas”, moderada Elena Fernández e coa presenza dos investigadores da USC, David Soto, Mar Pérez Fra, Emilio Carral e Teresa Rodríguez e o profesor da UVIGO Xavier Simón, que na que se analizaban as posibles propostas de mudanza da actual situación demográfica en Galicia. Tras as conclusións, procedíase ao peche deste encontro público no que o Concello de Viana entregaba varios detalles aos ponentes.

Este encontro ten sido organizado pola rede Revolta, composta por oito grupos de investigación, “co obxectivo de afondar nunha preocupación social cunhas dimensións transcendentais para o futuro de Galicia. O despoboamento e o envellecemento, que afecta especialmente a Ourense e Lugo debe ser abordado dende múltiples ópticas e a través dun debate. A xornada concíbese como un espazo para o debate, polo cal ábrese ao conxunto da cidadanía. Tecer lugares de encontro entre a sociedade e a universidade é un dos sinais de identidade da rede Revolta e supón un compromiso por xerar espazos de intercambio de coñecemento”. Coa organización tamén colaboraba o Concello de Viana do Bolo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close