DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un equipo de Montederramo, un de Manzaneda e dous de Trives, nas semifinais da II Gran Festa do Fútbol no pavillón trivés

A primeira semifinal será ás catro da tarde do domingo 30 de decembro e a segunda ás cinco. A gran final deste torneo solidario de fútbol sala está fixada para as oito da tarde

Tras dúas intensas xornadas de fútbol sala no pavillón trivés, xa hai semifinalistas na II Gran Festa do Fútbol de Trives-Río-Manzaneda. Trátase dun equipo de Montederramo, outro de Manzaneda e de dous de Trives.

As semifinais disputaranse na tarde do domingo 30 de decembro nese mesmo lugar. Na primeira, ás catro da tarde, enfrontaranse o Tinajas (Trives) e o Nos (Manzaneda). Unha hora despois xogarán pola praza para a final deste torneo de fútbol sala solidario o Curvi (Trives) e o Fogonazos (Montederramo).

Os que venzan en cada un dos partidos pasarán á gran final, programada para as oito da tarde. Nela que loitarán polo título deste torneo que ten reunido nesta edición a 11 equipos .

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button