DeportesÚltima hora

Dous equipos mixtos, entre os participantes no torneo solidario e fútbol sala de Trives-Río-Manzaneda

Todo está listo no pavillón trivés para as semifinais e a gran final da Gran Festa do Fútbol nesta tarde de domingo 30 de decembro

O equipo do Coles e Berzas Team./ Foto cedida.

Malia que non chegaban ás semifinais, sen dúbida o Coles e Berzas Team (Trives) e Polvoróns constituían un dos referentes desta segunda edición da Gran Festa do Fútbol de Trives-Río-Manzaneda, que se está a xogar dende o venres 28 de decembro no pavillón trivés.

Ambos son conxuntos triveses mixtos, con plantel feminino e masculino, e recibían os parabéns da organización por apostar por “un equipo inclusivo” e por “por demostrar que outro fútbol sala é posible“. Tras a competición, o Coles e Berzas Team, capitaneado por Pali (presidente do CD Trives), celebraba unha festa na noite do 29 de decembro.

Para estes dous conxuntos locais xa rematou o torneo, pero non para outros catro equipos que se medirán nas semifinais a partires das catro da tarde deste domingo. O Tinajas (Trives) e o Nos (Manzaneda) xogarán ás 16h. Unha hora despois enfrontaranse o Curvi (Trives) e o Fogonazos (Montederramo). A gran final, entre os dous equipos ganadores será ás 20h.

Dende a organización, lémbrase que por cada kilo de alimentos que, a modo de entrada, entregue cada asistente recibirá unha rifa para participar no sorteo dunha gran cantidade de produtos doados por diferentes entidades e empresas(os sorteos realizaranse entre os partidos):

SD Eibar: Camiseta oficial de xogo e posters.
Rayo Vallecano: Camiseta oficial de xogo firmada polos xogadores.
Athletic Club: Postais/posters
Real Madrid: 4 libros de Enrique Ortego.
Atlético de Madrid: 1 camiseta de entreno.
Celta: 4 bufandas.
Deportivo: 2 packs de 2 entradas para ir a calqueira partido de liga.
Club Montaña Trives: 3 lotes con mochila, zapatillero e gorra.
Concello de Trives: 2 lotes practica Trives.
Estación de Montaña Manzaneda: 10 forfaits
COREN: 1 xamón.
Construcciones José Luis: 1 Smartbox “Momentos mágicos para 2”
Carnicería Pedrés: Cesta de produtos naturais
Café Quintela/Pensión Baloira: Noite para 2 persoas (inclúe aloxamento e almorzo)
Casa Rural os Trintas: Noite para 2 persoas (inclúe aloxamento e almorzo)
Sporting de Manzaneda: 7 camisetas de quecemento.
Embutidos Hervella (Manzaneda): 1 lote de embutidos.
Jean François Morère – 1 acuarela valorada en 100€
Real da Pousa – 1 caixa regalo “La vida es bella” Spa e masaxe para 2.
Carpintería e mobles DR – 1 almofada viscoelástica.
Curvi – Cesta de produtos.
CD Trives – Camiseta Trives.

Artigos relacionados

Back to top button