ConcellosÚltima hora

Un escrito asinado por case 600 persoas pídelle ao Concello do Barco a subrogación dos traballadores da piscina cuberta

Tamén se lle solicita á Administración local un calendario “realista” de prazos de licitación da nova concesión
Os traballadores facendo entrega do documento coas sinaturas no rexistro de entrada no Concello do Barco./ Foto cedida.

O sindicato CCOO vén de presentar no Concello do Barco un escrito “avalado por 588 sinaturas” no que se lle pide a esta Administración local a subrogación dos traballadores da piscina climatizada. Membros da central sindical, xunto con nove traballadores despedidos, veñen de entregar este documento no que se insta ao Concello a paralizar todo proceso que permitiría a Viaqua abandonar a concesión”, ademais de “iniciar as negociacións para garantir a continuidade de todos/as traballadores das piscinas municipais cubertas nunha nova concesión”.

Tamén se lle pide ao Concello do Barco un calendario “realista” de prazos de licitación da nova concesión e subrogación dos traballadores e realización das obras de mellora da piscina municipal cuberta”.

 

Os traballadores e a representante de CCOO amosando o documento./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button