ConcellosÚltima hora

Un espazo activo de emprendemento comercial para Vilamarín

O Concello está a habilitar dependencias no edificio da escola infantil para destinar á venda de produtos locais
Un momento da visita de Vázquez Abeal a Vilamarín.
Un momento da visita de Vázquez Abeal a Vilamarín.

O Concello de Vilamarín traballa para poñer en marcha un novo espazo activo de emprendemento comercial na vila, unha iniciativa que busca contribuír á creación de emprego de calidade e á fixación de poboación no rural. Esta mañá, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, achegouse a contemplar as obras, posto que o seu departamento colabora co proxecto aportando preto de 70.000 euros, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, as actuacións estanse a centrar na adaptación de varias dependencias do edificio da escola infantil para destinar principalmente á venda de produtos locais.

Artigos relacionados

Back to top button