CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un estudante do IES Lauro Olmo do Barco, Premio Extraordinario de Grao Superior da FP

É un dos 21 galardoados pola Xunta dentro das accións para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego

 

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 21 titulados da Formación Profesional cos premios extraordinarios de grao superior, co obxectivo de “poñer en valor o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes”. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requerimentos.

E entre eses titulados están dous ourensáns: Javier Rodríguez Tato do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, estudante da familia profesional Administración e Xestión; e Marta Blanco Álvarez do IES 12 de Octubre (Imaxe Persoal).

A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550€ que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, non podendo exceder dos 850€ por premio. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button