En portadaÚltima hora

Un estudo antropolóxico afonda nos personaxes e máscaras do Entroido da Veiga

Os seus resultados presentaranse nun acto previsto para o 23 de febreiro ás 17h. na sala de conferencias do Toural desta localidade
Máscaras do Entroido no municipio da Veiga./ Foto: Mónica G. Bellver.

Como eran as antigas manifestacións do Entroido nas diferentes aldeas da Veiga e que figuras ou personaxes as protagonizaban. Son algunhas das preguntas ás que dá resposta un estudo antropolóxico titulado “Personaxes e máscaras do Entroido no Concello da Veiga”. Os seus resultados faranse públicos nun acto previsto para o vindeiro sábado 23 de febreiro na sala de conferencias do Toural desta localidade, segundo se vén de facer público a través das redes sociais.

No acto está prevista a intervención de dous dos seus autores: o investigador social vianés Carlos X. Ares Pérez e a profesora da Universidade de Vigo Fátima Braña. Tamén se contará coa presenza do alcalde da Veiga, Juan Anta, e coa da presidenta da Asociación O Son de Trevinca.

Artigos relacionados

Back to top button