ConcellosÚltima hora

Un falecido en Carballeda de Valdeorras tras sufrir un atropelo

Un home de avanzada idade resultaba morto na tarde do 3 de novembro despois de ser atropelado neste municipio valdeorrés

Unha persoa de avanzada idade falecía en Carballeda de Valdeorras tras sufrir un atropelo na tarde do 3 de novembro. O suceso acontecía en torno ás sete da tarde, á altura do Trigal, na estrada que vai de Sobradelo a Casaio.

Tras ser alertados os servizos de emerxencias, ao lugar do accidente desprazábanse Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e os efectivos do GES da localidade. Os Bombeiros de Valdeorras tamén foron informados do suceso, segundo informa 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button