En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un ferido grave nun accidente de tráfico en Carballeda de Valdeorras

Un camión cargado de rachón de lousa saíase da vía na OU122

Arredor das 12:45h. deste martes 1 de outubro producíase un grave accidente de tráfico na OU122 ao seu paso polo municipio de Carballeda de Valdeorras. Un camión cargado de rachón de lousa saíse da vía pola marxe esquerda e volcaba sobre o arcén e a calzada no punto quilométrico 12,100.

 

 

Como consecuencia do sinistro resultaba ferida grave unha persoa que era evacuada en helicóptero. Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato unha patrulla de motoristas da Garda Civil de Tráfico do destacamento do Barco, o GES Valdeorras, así como o 061, cun helicóptero e unha ambulancia medicalizada, e os Bombeiros do Parque de Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button