OurenseÚltima hora

Un ferido grave nun choque entre un turismo e unha motocicleta en Barbadás

Ás 19:15h. da tarde do 9 de marzo producíase un accidente de tráfico grave no punto quilométrico 9,400 da OU-540 ao seu paso polo termo municipal de Barbadás. Tiña lugar a colisión lateral dun turismo cunha motocicleta. Como consecuencia do choque, o condutor da motocicleta, un mozo de 26 anos de Barbadás, resultaba ferido grave, mentres que a persoa que conducía o coche, un home de 69 anos, veciño de San Cibrao saía ileso, segundo a información facilitada dende a Garda Civil de Tráfico de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button