OurenseÚltima hora

Un ferido nun choque entre dous camións en Parada de Sil

 

Na estrada que une Vilariño Frío e Parada de Sil producíase no mediodía do 24 de xullo un accidente de tráfico á altura da Lama. Segundo informa o 112 Galicia, “un home resultou ferido despois de producirse unha colisión entre dous camións. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un dos vehículos implicados, no que viaxaba a vítima, foi un camión cisterna de formigón que circulaba sen carga no momento do sinistro”.

Un particular alertaba ao 112 Galicia do ocorrido ás 12:20 horas. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou do accidente ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao GES de Castro Caldelas.

 

Artigos relacionados

Back to top button