OurenseÚltima hora

Un frasco de pólvora, “Peza do Mes” do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

A súa presentación, a cargo de Juan Manuel González, terá lugar na tarde deste mércores 8 de maio ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense)
Frasco de pólvora escollido como “Peza do Mes” do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense./ Foto: Fernando del Río.

“Tan interesante como o obxecto en si, e o material que emprega, é a súa ornamentación en medio relevo que o recobre case integramente”. Deste xeito se refire Juan Manuel González de Carballo a “Frasco de pólvora”, de mediados do século XIX, escollido como “Peza do Mes de Maio” no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Feito de corno, este recipiente formaba parte habitual do “equipo dos tiradores cando menos durante trescentos anos ata a popularización das armas de cartucho metálico, na década entre 1860 e 1870”, engade Juan Manuel González na publicación realizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense sobre esta peza, que xa chamaba a atención do investigador ourensán Xoaquín Lourenzo, quen “o debuxou e describiu de xeito minucioso nun artigo publicado no Boletín Auriense en 1981” e que pensaba que procedía de Castela.

Sobre este singular frasco de pólvora afondará este mércores 8 de maio ás 20h. Juan Manuel González de Carballo na presentación da “Peza do Mes de Maio”. O acto, con entrada libre, terá lugar na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

Artigos relacionados

Back to top button