OurenseÚltima hora

Un garda civil do Subsector de Tráfico de Valdeorras recibe unha conderación á Orde do Mérito Civil

O subdelegado do Goberno en Ourense presidía este acto condecoracións á Orde do Mérito Civil e á Orde do Mérito de Protección Civil
Acto de entrega das conderacións na Subdelegación do Goberno en Ourense./ Foto cedida pola Subdelegación.

 

Na mañá do 18 de decembro o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, presidía en Ourense o acto de entrega de condecoracións á Orde do Mérito Civil e á Orde do Mérito de Protección Civil. Esta entrega foi presentado polo secretario xeral da Subdelegación de Goberno en Ourense, Manuel Arias, e nela participaron tamén entre outras autoridades, a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, o alcalde de Celanova, José L. Ferro; o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, o tenente coronel da Garda Civil Manuel J. Novo Colldefors e o Comisario do CNP Juan C. Blázquez.

Na súa intervención, o subdelegado agradeceu a todos os homenaxeados os labores preventivos de protección de bens e persoas físicas que prestaron á sociedade, “meritorios da exemplaridade social e de eficacia real que levaron a cabo nas súas accións e actos de servizo público, contribuíndo con elo á mellora da seguridade cidadá”.

O acto tivo lugar na Subdelegación de Goberno en Ourense e as condecoracións corresponderon á Orde do Mérito Civil, para o garda civil do Subsector de Tráfico de Valdeorras, Juan Carlos Pazos Fernández, e o inspector-xefe e secretario xeral da Comisaría provincial do CNP, Juan Manuel Sardiña Rivera.

As da Orde do Mérito de Protección Civil eran outorgadas a: José Ferreira Pérez, garda civil, Cte. accidental do Posto de Celanova; José Antonio González Rodríguez, gardia civil do Posto de Celanova; Rodrigo Rodríguez Rodríguez, garda civil do Posto de Celanova; Carlos Pérez Gómez, garda civil do Posto de Celanova; Jose Antonio Montero Rodríguez, garda divil do Posto de Lobios; Eduardo Vieira Ferreira, garda civil do Posto de Pontebarxas; Enrique Senaz Dasilva, garda civil do Posto de Lobios; Felisindo Corbillón Trigo, garda civil do destacamento de Tráfico de Ourense; José González Casal, policía nacional destinado no DAO da Audiencia Nacional; e Roberto González Corbillón, policía local de Celanova.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close