EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un godello valdeorrés alcanza os 800 euros nunha subasta benéfica para loitar contra o Covid-19

Trátase do viño Sorte O Soro 2009, que alcanzou “un valor histórico para un caldo galego”, din dende a Bodega Rafael Palacios

Imaxe da botella do viño subastado./ Foto cedida.

 

Dende Coalla Gourmet (distribuidor e importador internacional de viños) poñíase en marcha unha inciativa benéfica para loitar contra o coronavirus. Contactaba con 16 referentes do mundo do viño para solicitarlles a doazón dalgúns viños especiais de añadas míticas que representaran dalgún xeito ao doante para participar nunha subasta solidaria.

Entre eles estaban o recoñecido crítico Luis Gutiérrez, “The Wine Advocate – Robert Parker”, outros representantes da restauración nacional, entre eles a adega valdeorresa Rafael Palacios, así como como restaurante Rekondo, Venta Moncalvillo, etc., adegas nacionais e internacionais como, Marqués de Riscal, Pago de Carraovejas, Remelluri, Recaredo, Rafael Palacios de Valdeorras, bodegas Keller de Alemania, Chateau D´Yquem, etc.

A poxa desenvolveuse en formato on-line o pasado luns día 27 e nela subastáronse “xoias como una botella de Marqués de Riscal de 1.945 que alcanzou os 3.000 €, unha botella de Madeira de Joao Romao de 1.863 que chegou aos 1.400€, un magnum de L´Ermita, 1.800€ , ata o máximo conseguido por un magnum do produtor alemán Keller, que alcanzou os 4.500€…”, din dende a adega valdeorresa Rafael Palacios, que participaba doando dúas botellas da primeira añada do seu viño de parcela Sorte O Soro, situada no municipio do Bolo e da añada 2009.

Este godello, tal e como destaca a adega, “non se comercializou e gárdase na adega”. Chegou a alcanzar na subasta a cifra de 800 euros, “un valor histórico para un caldo galego”, din dende a Adega Rafael Palacios.

Os fondos recaudados na subasta irán destinados á loita contra a pandemia e ao hospital de campaña da feira de Asturias.

Artigos relacionados

Back to top button