EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un godello valdeorrés, o mellor branco de garda de España segundo a “Guía Vivir el Vino 2020”

Trátase do viño Godeval 1986 de 2017, recén saído ao mercado, da adega barquense Godeval

 

Dende a “Guía Vivir el Vino” vén de facerse público o listado dos “11 Magníficos 2020” nos que o Godeval 1986 do 2017, da Denominación de Orixe Valdeorras, vén de resultar elixido como mellor branco de garda. Este godello, recén saído ao mercado, “procede dunha exhaustiva selección de uvas que fermentaron unha barrica nova de roble francés e cunha posterior crianza na mesma madeira coas súas lías”, indican dende a Adega Godeval de Xagoaza (O Barco).

Para a concesión destes premios realizouse un proceso de selección no que se probaron 1.600 mostras. Delas escolléronse 365 viños que conformarán a “Guía Vivir el Vino 365 Vinos al año 2020”, pero só once viños lograban o Premio Magnífico, segundo castegorías.

O Godeval 1986 2017 ten ademais unha produción limitada de 900 botellas. “É unha pequena xoia de expresión da godello, onde se ensamblan as principais características desta variedade branca e as notas que aporta a madeira para convertelo nun gran viño de garda, é dicir, que irá mellorando co tempo”, tal e como se destaca dende Godeval, que prevé presentar este branco de garda nun acto en novembro previsiblemente en Santiago.

 

Artigos relacionados

Back to top button