EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un godello valdeorrés recibe a máxima puntuación da “Guía Peñín”

Por primeira vez na súa historia esta publicación especializada cualifica con 99 puntos, a súa máxima puntuación, a seis referencias, entre as que figura o Sorte O Soro 2016 de Rafael Palacios

Despois de medio ano percorrendo as principais zonas produtoras de viño españolas para valorar as últimas colleitas, o equipo de cata de Guía Peñín vén de presentar o novo palmares da “Guía Peñín de los Vinos de España 2020”. Nesta edición, 254 vinos entran a formar parte do universo dos mellores viños españois, viños a partir dos 95 puntos, o que supón 15 referencias máis que no pasado ano.

“Por primeira vez na historia da “Guía Peñín”, seis viños foron cualificados con 99 puntos, máxima puntuación non sempre acadada en cada nova edición da Guía. Estas seis referencias destacaron en cata comparativa entre as súas iguais grazas, entre outras razóns, aa calidade no viñedo, a expresión enolóxica da materia prima, a singularidade na elaboración e a búsqueda da identidade e da excelencia”.

Entre eses seis viños figura un godello valdeorrés: o Sorte O Soro 2016 da Adega Rafael Palacios, no Bolo, dentro da Denominación de Orixe Valdeorras. Trátase dun viño que, segundo a Guía Peñín, “representa a culminación dunha vida dedicada á elaboración de brancos universais e planetarios”.

A “Guía Peñín de los Vinos de España 2020” publicará en avanzada, a próxima semana, a súa edición online completa, onde se recollen preto de 12.000 novas catas. Desta maneira, as puntuacións e descricións dos novos viños catados poderán consultarse, mediante subscrición, meses antes da publicación da edición física desta obra, que será en outubro.

Artigos relacionados

Back to top button