EconomíaEconomíaOurense

Un gran abano de contrastes

O outono presenta propostas para tódolos estilos
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Coa chegada do outono, que parecía resistirse a entrar nas nosas casas con temperaturas moi elevadas durante boa parte de setembro, toca cambiar o vestiario. Rebuscar no armario as prendas que nos podan servir da pasada tempada, e sobre todo facer un percorrido polas diferentes tendas de moda na procura do mellor outfit, despois de ter botado un ollo ás propostas dos deseñadores nacionais e internacionais para esta camapaña.

Segundo o visto en pasarelas e centros téxtis, este outono a moda parece trasladarse á cabeza e a tendencia de completar o estilismo cun sombreiro está causando furor, cunha gran variedade de modelos e cores para elexir.

Outra das tendencias que vén pisando forte son as saias cun só volante de maior ou menor lonxitude, moda que tamén vemos en vestidos. Verino propón unha en pano negro combinada cunha cazadora de pel e medias con estampado xeométrico, como podemos ver na imaxe da esquerda. Malia que esta é a tendencia máis xeralizada, nalgúns casos vemos propostas con varios volantes e cos estampados de moda. Sen ir máis lonxe, Zara propona en varios estilos, apostando especialmente pola raia diplomática e as formas asimétricas.

No que a moda se refire, os creadores adoitan ter en épocas pasadas a súa fonte de inspiración, adaptando modelos e tecidos aos novos tempos. Nesta ocasión, pensando na tempada outono/inverno 2013/2014 que vimos de inaugurar, moitas marcas e deseñadores fixeron unha viaxe no tempo para ensalzar os anos 40 nas súas coleccións. Saias lápis, traxes chaqueta, vestidos cinguidos ao máis puro estilo “muller fatal”, peles, prendas de 60 anos atrás adaptadas á actualidade e ao ritmo da sociedade do século XXI.

Con respecto aos estampados, durante o outono e o inverno veremos moito cadro escocés, o regreso do animal print, o rosa en tódalas súas versións pastel… Como complementos, as botas XXL e as capas, serán as estrelas.

Texto: Mónica G. Bellver/ Ourense Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close