ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un grupo de 24 mozos participan en Quiroga nun programa de voluntariado ambiental

 

Quiroga acolle nesta segunda fin de semana de novembro un programa de voluntariado ambiental da Xunta de Galicia. Nel participa un grupo de 24 rapaces de diversas partes de Galicia e tamén doutros países. O principal obxectivo deste programa é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural da comunidade e preservar e potenciar a zona.

Estes mozos, moitos deles descoñecedores ata o de agora do municipio de Quiroga, centrarán a súa actividade “en preservar e conservar o noso medio, polo que durante esta fin de semana centraranse en recoller lixo polas zonas que recorran”, informan dende o Concello de Quiroga.

O primeiro lugar no que actuaron, acompañados do monitor que os acompaña e dun guía da empresa Tourgalia, foi o paseo fluvial polo río Quiroga. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, achegaranse tamén durante a xornada do 9 de novembro ata o polígono industrial. O domingo día 10 teñen proxectado intervir no tramo de ruta que une Pena Furada, en Paradaseca, con Rugando.

Este é o segundo programa de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia que acolle Quiroga durante este ano. No mes de xullo tamén se realizaba neste municipio do sur lucense un campo de traballo internacional que durante dez días. O seu obxecto era tamén o medioambiente, a xeoconservación e a dinamización e, nesa ocasión, centrouse no acondicionamento da Fervenza do Pombar.

 

Artigos relacionados

Back to top button