CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un grupo de alumnos do Colexio María Inmaculada de Verín limpa o entorno da fonte de Cabreiroá

Tamén colocaban nas árbores unhas caixas-niño realizadas na semana anterior polos estudantes

 

Os alumnos de 2º da ESO do Colexio María Inmaculada de Verín veñen de realizar unha limpeza do entorno da fonte de Cabreiroá dentro do proxecto “Libera”, apoiado por Ecoembes e Seobirdlif, aproveitando o bo tempo.

A semana anterior o alumnado decoraba unhas caixas-niño que “colgamos das árbores, deixando o lugar limpo e bonito para que desfrute del todo o que queira ir visitarlo. Queremos dar as grazas a Cabreiroá e a “Libera” polo material e o apoio nesta actividade”.

 

 

Ademais os estudantes trasladábanse ata o lugar en bicicleta, “lucindo os nosos chalecos amarelos e así facendo gala do noso primeiro premio nacional no proyxecto Stars de la DGT”, din dende o centro escolar.

Fotos cedidas polo Colexio María Inmaculada de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button