CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Un grupo de barquenses viaxan a Madrid para ver “33”, musical protagonizado por Christian Escuredo

A viaxe estaba organizada dende a Concellería de Cultura do Barco e tiña lugar na xornada do 6 de abril

A primeira hora da mañá do 6 de abril saía dende O Barco un autobús rumbo a Madrid. Nel ían medio cento de persoas nunha viaxe organizada pola Concellaría de Cultura e Educación do Barco para asistir á función de “33, el musical”, un espectáculo que está protagonizado polo actor barquense Christian Escuredo.

A función comezaba ás 17h. e este espectáculo tiña unha duración de 3 horas e desenvolvíase en Ifema. Nesta visita estes veciños do Barco, entre os que estaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta; saudaban a Escuredo e fotografábanse con el.  Ao finalizar o espectáculo emprendían  viaxe de volta ao Barco.

“33, el musical” foi estreado en novembro de 2018 e conta como, a pesar dos consellos da súa nai, Jesús, un carpinteiro de Nazaret, decide ir a Xerusalén impulsado pola ilusión de levar a mellor das noticias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button