OurenseÚltima hora

Un grupo de ourensáns peregrina a Tours (Francia) para venerar a San Martiño

A Coral de Ruada acompañou a expedición, presidida polo deán da catedral de Ourense
A Coral de Ruada ofreceu un concerto na Basílica de San Martiño de Tours, en Francia.
A Coral de Ruada ofreceu un concerto na Basílica de San Martiño de Tours, en Francia.

Medio cento de ourensáns viaxou até Francia estes días para venerar a San Martiño, patrón da cidade das Burgas, na que foi a súa vila natal, Tours. O grupo foi encabezado polo deán da catedral e varios sacerdotes. A peregrinación diocesana enmárcase nunha de tantas outras actividades levadas a cabo este ano no que se conmemora o 1700 aniversario do seu nacemento.

Tamén participou na expedición a Coral de Ruada, que harmonizou unha misa na Basílica de San Martiño de Tours. Os ourensáns fixeron así mesmo unha ofrenda e deron un concerto final. Por último, os peregrinos deixaron a súa pegada nunha das paredes do templo, cunha inscrición adicada ao patrón con orixe gala.

Artigos relacionados

Back to top button