DeportesPiraguismoÚltima horaVídeos

Un grupo de padexeiros mantén a tradición deportiva do Descenso do Sil no Barco

 

Pola situación sanitaria o Concello do Barco decidía non organizar, por segundo ano consecutivo o Descenso do Sil. Malia non haber competición, un grupo de padexeiros de diferentes idades decidía manter a tradición deportiva de baixar o río neste sábado das Festas do Cristo e arredor das seis e media comezaban a chegar á praia fluvial do Malecón, onde acostuma situarse a meta desta proba galega.

 

 

Entre os participantes neste singular descenso estaban os membros do Fluvial Barco, que tras completar o traxecto celebraban esta data coa esperanza de que o vindeiro 2022 se poida recuperar este popular descenso do calendario da Federación Galega de Piragüismo.

Fotos: A.R. e Fluvial Barco (as tres últimas da galería).

Vídeos cedidos polo Fluvial Barco:

 

 

Vídeo O SIL:

Artigos relacionados

Back to top button