En portadaÚltima hora

Un grupo de voluntarios retirará as rabazas do río Sil ao seu paso polo Malecón do Barco o 14 de xullo

Esta limpeza iniciarase sobre as 10h. e continuará durante toda a mañá ata que se remate o traballo, segundo se informa dende o Concello
Imaxe da limpeza de rabazas realizada o pasado ano na zona da praia fluvial do Malecón./ Foto: A.R.

A retirada de plantas e rabazas no cauce do río Sil  no tramo da praia fluvial do Malecón, promovida polo Concello do Barco, terá lugar o vindeiro domingo 14 de xullo a partires das dez da mañá. A limpeza céntrase nese punto xa que é “a zona máis utilizada polos veciños, e a que pode facerse de xeito manual e a pé, tal e como consta nas condicións da solicitude cursada polo Concello á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, entidade que ten as competencias en materia de ríos”, segundo informa o Concello do Barco.

A limpeza continuará durante toda a mañá ata que se remate o traballo. O traballo será realizado por voluntarios, e cóntase coa colaboración de Iberdrola, que puxo en marcha os mecanismos precisos para reducir o cauce durante esa mañá e así facilitar na medida do posible a realización dos traballos. O GES Valdeorras e Protección Civil do Barco estarán tamén nesta actividade.

“Coma sempre, solicítase a colaboración dos veciños interesados en contribuír a manter limpo o río e facilitar a realización de actividades na praia fluvial, xa que se trata dunha limpeza que os organismos con competencias nesta materia non levan a cabo”, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button