En portadaÚltima hora

Un helicóptero de salvamento marítimo rescata a unha sendeirista en Casaio (Carballeda de Valdeorras)

 

Na tarde do mércores 31 de marzo unha persoa que estaba realizando unha ruta de sendeirismo de montaña na zona do San Xil Vello (Casaio, Carballeda de Valdeorras) sufría unha indisposición.

Os feitos sucederon preto das 18:30 horas na ruta de sendeirismo de Xil Vello. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a alerta deste suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia mobilizaban ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, aos Bombeiros de Valdeorras, á Garda Civil e ao Servizos de Gardacostas de Galicia.

“A complicada situación na que se atopaba a muller impedía o seu traslado nos medios sanitarios desprazados, entre eles un helicóptero medicalizado, polo que foi necesario que o Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizase o Pesca I para evacuala a un centro hospitalario”, tal e como se informa dende o 112 Galicia.

Así, o helicóptero de salvamento marítimo procedía a evacuar a esta persoa, que era trasladada ao Hospital de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button