ConcellosEn portadaÚltima hora

Un home de 61 anos detido no Barco por incumprir o estado de alarma

 

Un home de 61 resultaba detido onte, 27 de marzo, pola Policía Local do Barco por “increpar e agredir aos axentes cando trataban de proceder á súa identificación” tras ser advertido de que estaba incumprindo co estado de alarma, tal e como informa o Concello barquense

“Os feitos se rexistraron o venres pola tarde, cando esta persoa foi localizada camiñando polo Paseo do Malecón. Os axentes lle recordaron as normas que rixen o estado de alarma, e lle comunicaron que tiña que estar na casa e non realizar actividades de risco para ell e o resto dos veciños. Pouco tempo despois, este home se atopaba paseando pola zona de Viloira, e os axentes procederon entón a identificalo para lle impoñer a sanción administrativa prevista pola lei. Nese intre, esta persoa comezou a insultar aos axentes, aos que tamén chegou a agredir, razón pola cal tivo que ser reducido e detido”, segundo se informa dende o Concello do Barco.

O detido, coas iniciais LFFA, foi trasladado ao cuartel da Garda Civil do Barco, co fin de que se continúe coas dilixencias previstas nestes casos.

Artigos relacionados

Back to top button