ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un home é atropelado no centro do Barco de Valdeorras

O accidente tiña lugar na tarde do 6 de setembro no paseo do Malecón

En torno ás 20:30 horas da tarde do 6 de setembro o 112 recibía un aviso dun accidente con feridos no Barco Valdeorras. Un home era atropelado nun paso de peóns en pleno paseo do Malecón.

Tanto as terrazas dos bares da zona como o propio paseo estaban ateigados de xente e segundo os alí presentes, un vehículo impactaba co señor no momento de cruzar o paso, resultando ferido de escasa gravidade na perna dereita.

Ata o lugar do suceso desprazáronse dúas unidades da Policía Local do Barco, o 061 e o Ges Valdeorras.

Fotos: Torfy.

Artigos relacionados

Back to top button