ConcellosManzanedaÚltima hora

Un home é evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente de tractor en Palleirós (Manzaneda)

 

Arredor das oito da tarde de onte, luns 29 de marzo, un home sufría un accidente co tractor que conducía na localidade de Palleirós, no concello de Manzaneda.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmedianto os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Manzaneda, así como un helicóptero e unha ambulancia do 061 e a Garda Civil. A persoa ferida era trasladada na aeronave ata o Hospital Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button